Páginas vistas

viernes, 12 de junio de 2009

Quérote. Rede de atención afectivo - sexual para a mocidade

Quen somos?
A Rede de centros Quérote, Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual, teñen por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais.

Nos centros infórmase, asesórase e aténdese a mozos e mozas en temas de anticoncepción ou sobre as Enfermidades de Transmisión Sexual e intérvense para lograr un aumento da autoestima e dos niveis de satisfacción afectivo-emocionais e sexuais, centrándose no desenvolvemento sexual saudábel e de relación ingualitarias e para iso achégase información para posibilitar un maior autocoñecemento corporal, afectivo e sexual.

Con todo, na Rede de Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual non só se atende as necesidades informativas e de asesoramento dos e das máis novas –tanto nos propios centros como por vía telefónica ou on-line–, xa que os seus labores de orientación e información tamén se achegarán até os centros de ensino con actividades para o alumnado, para as nais e os pais e para os educadores.

O programa Quérote foi creado e promovido pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta e está xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Onde estamos?

A Rede de Centros de Asesoramento Afectivo-sexual son unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade que se inicia coa creación do primeiro Centro en Santiago de Compostela. A rede de centros estenderase proximamente ás principais cidades galegas e os seus servizos vanse canalizar non só a través da rede, senón tamén a través dos Puntos de Información Xuvenil e e dos colexios e institutos.

As dúbidas sobre sexualidade, conducta sexual, Enfermidades de Transmisión Sexual ou anticoncepción pode resolvelas a mocidade asistindo a un deste puntos de asesoramento, por vía telefónica ou tamén vía internet.

Ven a vernos ou chámanos!
O noso horario é:
os luns e os venres de 10:00 a 14:00 horas e de luns a
venres en horario de 16:30 a 20:30 horas.

As túas consultas teléfonicas podes realizalas no teléfono:
902 141 617.

As túas consultas online podes facelas a través do enderezo do noso formulario de dúbidas.

E tamén podes poñerte en contacto co Centro a través do correo info@querote.org e a través do fax: 981 568 460.

Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Santiago de Compostela
Enderezo postal, electrónico e teléfonos de servizo
O centro está localizado na:

praza do Matadoiro s/n
15703 Santiago de Compostela
As túas consultas teléfonicas podes realizalas no teléfono:
902 141 617.

Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Lugo
Enderezo postal

O centro está localizado no:

Complexo Xuvenil LUGO
Rúa Pintor Corredoira, 4
27002 Lugo
Teléfono: 982 241 732

Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Ourense
Enderezo postal

O centro está localizado na:

Casa da Xuventude
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense
Teléfono: 988 231 470

Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Burela
Enderezo postal

O centro está localizado na:

Casa do Mar
Rúa Rosalía de Castro, s/n
27880 Burela
Teléfono: 982 575 053 (Centraliña da Casa do Mar)

Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Vigo
Enderezo postal

O centro está localizado na:

Rúa Ferrería, 41
36202 Vigo
Teléfono: 986 220 717
Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Ferrol
Enderezo postal

O centro está localizado na:

Rúa Santa Comba, 61
15404 Ferrol
Teléfono: 981 317 027
Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual da Coruña
Enderezo postal

O centro está localizado na:

Rúa Panadeiras, 18
15001 A Coruña
Teléfono: 981 223 913


Fuente: www.querote.org

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estoy aprendiendo gallego a marchas forzadas, conste....

Xoaniña Rosmona dijo...

Jeje!!espero que no te resultara muy complicado leer la información ya que la publiqué tal cual aparecía en la página.
Si necesitas ayuda o quieres que lo publique en castellano, aquí estamos para lo que haga falta.
Un besote!!

SAL DE DUDAS.

http ://www.saldedudas.info/index.php/es/   La APP Sal de Dudas, te ofrece juegos, videos e información sobre Vih y otras enfermedades de tr...